




| Adolfo Dominguez fai pública a violación do dereito de sindicación nas fábricas da marca |
|
|
|
Adolfo Domínguez recoñece que solo o 40% das súas fábricas provedoras ten un sindicato que represente ós traballadoresA Campaña Roupa Limpa esixe pasos concretos e estará vixiante ante o plan de reaxuste da política de compras de Adolfo Domínguez para que isto non repercuta nos dereitos das traballadoras A Campaña Roupa Limpa interviu o pasado xoves na Xunta de Accionistas de Adolfo Domínguez para mostrar a súa gran preocupación ante a escalada da vulneración dos dereitos laborais no sector do téxtil nesta época de crise internacional. Na nosa intervención demandamos accións concretas para asegurar a negociación colectiva e o dereito sindical como forma de garantir unha mellora e non vulneración dos dereitos laborais nas fábricas provedoras da empresa galega en países como China e India onde ten case a totalidade da súa produción.
Por primeira vez unha empresa recoñece públicamente que solo o 40% das súas fábricas provedoras teñen sindicatos que representen ós traballadores, o cal isto representaría principalmente as fábricas da India xa que na China non existe liberdade sindical que, aínda que sendo unha obviedade, nunca se fixera público.
Non así, o incumprimento de horas extras excesivas e obrigatorias, condicións de hixiene, horario laboral de menores de 16 anos etc. que non ofreceu resposta algunha de cómo farán ese tipo de correccións detectadas nas súas auditorías. A Campaña Roupa Limpa nega que a empresa descoñeza os salarios e as condicións das persoas traballadoras da China e India e lamenta que a empresa non teña un plan de imprementación de melloras para subsanar dita situación, agás o diálogo cos provedores. Especialmente preocupante nos parece que se anunciara un reaxuste na súa política de compras, que aínda que asegura que non vai repercutir no abandono nin nas condicións laborais dos provedores, a experiencia da Campaña Roupa Limpa di todo o contrario e estaría vixiante para que así sexa. Outro dos puntos importantes da intervención, foi a demanda de garantir o salario digno. Para a campaña, falar do salario mínimo é del todo insuficiente na situación na que se atopan estes países. Estamos falando de que estanse a pagar salarios de 66 euros na India cando o necesario para vivir é de 107 euros, ou de ata 187 na China cando o que perciben está nos 72 euros ó mes. Cando hai plataformas internacionais que xa están traballando neste tema, a empresa de moda alega que non está nas súas mans. Por todo isto, a nosa organización anunciou que non se volvería reunir coa empresa se non se mostran avances decididos neste sentido. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| Inicio |
| O Comercio Xusto |
| Onde atopar |
| Tenda-e |
| Amarante |