Comercio Xusto

O reducirse a cadea de intermediarios, os productores pasan a recibir da venda do seu producto no norte de un 1-3% a un 25-30%. Multiplicando por 10 o valor engadido aos seus productos.
You are here: Inicio
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
As institucións públicas xa non teñen escusa para non mercar con criterio PDF Imprimir Correo-e
web.jpgO consumo non é neutral! As compras públicas tampouco o son! O consumo e contratación de bens e servicios por parte dos órganos públicos son un acto político máis.

Non podemos falar de políticas sociais se non fomentamos a concesión de obras e xestión de servicios públicos a empresas de economía social ou de inserción. Non podemos falar de políticas ambientais se non contratamos servicios e bens que respecten: tanto na súa produción como cando se converten en residuos, ao medio ambiente.

Por todo isto, a federación Setem, a que pertence Amarante presentou unha web adicada especificamente a Compra Pública Responsable que ten como obxectivo principal axudar as administracións públicas a mercar con criterio.

A web é www.comprapublicaresponsable.org
A guía de Compra Pública Responsable de Téxtil podes descargala “pdf AQUÍ 609.24 Kb”.
Este recurso sumase a “Guía de introducción de criterios sociais nos contratos de suministros téxtiles para as administracións públicas” e a “Guía para a introducción de produtos de comercio xusto nas compras públicas ” xa publicados desde Setem.

A web, conta con información actualizada sobre as distintas vertentes da compra pública responsable: A parte ética, social e ambiental: nela poderase atopar material editado e actualizado especialmente centrado polo momento no comercio xusto e no sector téxtil, aínda que prevee ampliarse ao sector da informática e da tecnoloxía no que empresas e administracións deberán traballar nos vindeiros anos.

O “site” está en evolución e conta con incluír un espacio para os exemplos e boas prácticas que xa existen no estado. Aspira así a converterse nunha páxina de referencia para empresas provedoras e administracións públicas, así como nun espacio de opinión, intercambio e documentación.

Tamén contará con un directorio de empresas provedoras das administracións públicas adaptadas aos novos requirimentos sociais, éticos e ambientais, de forma que se poida satisfacer a tan recorrente demanda por parte das administracións de atopar empresas provedoras que teñan avanzado na responsabilidade social corporativa.

 
< Ant.   Seg. >
 

Campañas

cafe
roupa
finazas
CouD

Redes

coord_est
news
selo
ifat
espazocx

Usuario/a






Esqueceches o contrasinal?
pol_ling