|
Conscientes do importante negocio que supón o “comercio xusto” e da crecente sensibilidade das consumidoras cos criterios de produción, multinacionais como Sara Lee, Nestlé e Kraft impulsaron nos últimos tempos liñas de café que din “Sustentable” e que está a ser xa comercializado en Galicia, especialmente nas cafeterías.
Como consumidor compre estar alerta e rexeitar lamentables imitacións do comercio xusto. Compre lembrar que o comercio xusto é un movemento internacional que promove una relación comercial en termos de xustiza entre os pobos do mundo e fomenta un consumo máis responsable.
Recomendamos ao consumidor que merque comercio xusto “con seguridade e tranquilidade” na súa tenda especializada máis cercana (v) ou esixa certificacións independentes como FLO (vi) ou IFAT (vii) que deben estar presentes nos paquetes de café de comercio xusto.
Esixe café de comercio xusto, rexeita imitacións !
Busca o teu punto de venda de café de comercio xusto máis preto de ti: AQUÍ
Consúmense 2.000 millóns de cuncas de café cada día no mundo. Isto converte ao café na materia prima que máis divisas move no planeta despois do petróleo e a cuxa produción se adican máis de 30 millóns de labregas nos países do sur (i) . Un descomunal negocio concentrado en mans de 4 multinacionais (ii): Sara Lee, Kraft, Nestle e Procter & Gamble. (As consumidoras poden identificalos polas súas marcas comerciais: Marcilla, Saimaza e Bonka / Nescafé respectivamente; Procter & Gamble non comercializa en Galicia).
Fronte ao abuso das multinacionais e fóra do mercado de materias primas (dominado pola bolsa e polas propias multinacionais) comercialízase outro café, o de “Comercio Xusto” que, a diferencia do convencional, permite aos produtores vivir de forma digna e constitúe unha alternativa na liña do “outro mundo posible”.
Conscientes do importante negocio que supón o “comercio xusto” e da crecente sensibilidade das consumidoras cos criterios de produción, multinacionais como Sara Lee, Nestlé e Kraft impulsaron nos últimos tempos liñas de café que din “Sustentable” e que está a ser xa comercializado en Galicia, especialmente nas cafeterías.
Marcilla (marca comercial de Sara Lee) ben de sacar a liña “GoodOrigin” e xa o comercializa nas principais vilas galegas baixo o apelativo de “Café Sustentable e Comercio Xusto”. Este café está “certificado” pola ONG UTZ Certified . Unha entidade de dubidosa independencia que naceu ao calor da industria do café, da soia, do aceite de palma e doutros cultivos.
Saimaza (marca comercial de Kraft), pola súa banda, acolleuse a unha certificación outorgada pola “ONG Rainforest Alliance ” e que presenta problemas semellantes. Nesta mesma liña, o Programa AAA de Nestlé comercializa a marca “Nespresso” baixo a nomenclatura de “sustentable” grazas a un acordo coa mesma “Rainforest Alliance”. Este acordo permítelle a Nestlé facer uso dunha terminoloxía que entendemos induce ao consumidor a pensar que o produto é de comercio xusto e que constitúe un engano.
Os criterios de UTZ, Rainforest Alliance e o Programa AAA son notablemente menos esixentes que os de “comercio xusto”, así o demostran sentencias xudiciais como a de Groningen (Holanda) (iii). Os seus estándares están por debaixo dos doutras certificacións, o que se lle paga aos produtores é substancialmente menor e, o máis importante, non afondan na solución estrutural do problema, que está no control de toda a cadea de distribución que teñen estas marcas e que lles permite impoñer o prezo aos produtores.
Estas marcas instrumentalizan o comercio xusto e o converten nun medio de diversificación dos seus beneficios, pero sen transformar nada esencial na filosofía dos seus negocios. O comercio xusto establece a necesidade de que as empresas certificadas non atenten contra os principios do comercio xusto no resto das súas seccións comerciais. Esta é a razón pola que a iniciativa española do selo FLO (Fairtrade) denegou á multinacional estadounidense Starbucks a certificación de comercio xusto no ano 2007 e 2008 (iv).
Como consumidor compre estar alerta e rexeitar lamentables imitacións do comercio xusto. Compre lembrar que o comercio xusto é un movemento internacional que promove una relación comercial en termos de xustiza entre os pobos do mundo e fomenta un consumo máis responsable.
Recomendamos ao consumidor que merque comercio xusto “con seguridade e tranquilidade” na súa tenda especializada máis cercana (v) ou esixa certificacións independentes como FLO (vi) ou IFAT (vii) que deben estar presentes nos paquetes de café de comercio xusto.
Esixe café de comercio xusto, rexeita imitacións !
-------------------------------------
i - Amarante – Área de Comercio Xusto
ii - BlackGold – 2007 – Karma Films
iii - En Groningen, no ano 2008 dúas empresas se presentaron a un concurso público no que se solicitaba expresamente “café de comercio xusto ou semellante”. Unha das empresas presentaba a certificación UTZ e recurriu aos tribunais xa que a administración non considerara UTZ como “comercio xusto nin semellante” polo que perdeu o contrato. Os tribunais deron a razón ao concello de Groningen.
iv - A multinacional estadounidense Starbucks obtivo a certificación FLO-Fairtrade en España no ano 2009 tras asinar un importante compromiso coa certificación homóloga en Estados Unidos “Transfair USA” que comprometía á empresa a incrementar o seu negocio no eido do comercio xusto certificado FLO.
v - A web www.comercioxusto.com ofrece unha importante listaxe de puntos de venda e espazos nos que o consumidor pode atopar café de comercio xusto.
vi - FLO – Fairtrade Labelling Organization: http://www.sellocomerciojusto.org/es/
vii - IFAT: http://www.wfto.com/
|