Comercio Xusto

Un mercado que non hipoteque a calidade de vida nin os recursos naturais das xeracións futuras, que sexa garantía dun desenvolvemento sustentable.
You are here: Inicio
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Presentación PDF Imprimir Correo-e

O movemento do Comercio Xusto como resposta ao comercio capitalista transnacional é unha novidade relativamente recente (pronto se van cumprir 50 anos do seu nacemento en Europa), aínda que non é tan recente a denuncia do modelo ligado aos primeiros pasos do intercambio mercantil internacional (basta recordar as referencias de Bartolomeu de Las Casas contra o modelo de explotación do algodón por parte da coroa española xa no século XVI).

O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que productores e consumidores obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible

Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes. Esta estabilidade é necesaria porque  o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC. Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias dos pequenos productores do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza.  
Necesariamente se falamos de Comercio Xusto temos que falar de tres cuestións clave: o movemento da solidariedade e a súa evolución, a economía social e a humanización do comercio, e o consumo responsable como participación directa da sociedade.

Consiste en avanzar cara a un novo modelo de consumo responsable que pivote sobre tres elementos relacionados dialecticamente, polo tanto, interrelacionados:

  • Consumo Consciente. Utilización de criterios éticos de elección nunha ampla gama de posibilidades que ofrece o mercado.
  • Presión Política. Campañas de Denuncia e de Sensibilización sobre empresas – RSC– e institucións –CPE -.
  • Construción de Alternativas. Comercio Xusto, cooperativas de consumo, produción orgánica...
Os cambios necesarios para outro mundo posible pasa por alternativas políticas pero tamén por alternativas de vida. A nosa incidencia sobre gobernos está relativizada polos tempos electorais como cidadáns/ás pero é diaria cando a exercemos como consumidores/as. En todo caso, ao sector implicado correspóndelle poñer en marcha os mecanismos comerciais e educacionais para facilitar que unha maioría social poida recuperar o mercado como elemento de intercambio social e cultural e de creación de riqueza tal como o era antes do capitalismo mercantil transoceánico.