Comercio Xusto

Prezos acordados cos/coas productores/as, que cubren os custos de producción en condicións laborais e de salario consonte coa Organización Internacional do Traballo (OIT) e permitan o aforro e os beneficios.
You are here: Inicio
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
As vendas de produtos de Comercio Xusto certificado crecen un 40% en España PDF Imprimir Correo-e
tenda_cx.jpgOs consumidores de todo o mundo gastáronse o ano pasado máis de 2.800 millóns de euros en produtos certificados co Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto. Isto representa un crecemento do 22% con respecto ao ano 2007.

Este crecemento é moi positivo para os agricultores/as e produtores/as que, a través do sistema FAIRTRADE-Comercio Xusto, reciben moito máis que só beneficios financeiros. Para que poidan ter unha estabilidade e un plan de futuro, o Comercio Xusto, como principio, fomenta as relacións a longo prazo entre produtores/as e compradores/as. As vendas producidas en 2008 beneficiaron a máis de 1,5 millóns de produtores/as e traballadores/as en 58 países do Sur.

En España, onde os produtos co Selo empezaron a comercializarse no ano 2005, as vendas sumaron algo máis de 5,4 millóns de euros, 40% máis que o ano anterior.

Cada vez máis consumidores optan por comprar produtos co Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto en España e no mundo. Este Selo indica que o produto foi producido e comercializado conforme aos criterios internacionais do Comercio Xusto, o que quere dicir, que respectou aos homes e mulleres que o elaboraron (condicións de traballo dignas, salario de acordo co nivel do país, sen man de obra infantil), e que se produciu respectando o medio ambiente.

No ano 2008 consumíronse produtos avalados polo Selo FAITRADE por valor de 2.894 millóns de euros en todo o mundo, unha cifra que supón un aumento do 22% con respecto a 2007. En España, o incremento das vendas en relación ao ano anterior foi aínda maior, alcanzando a cifra do 40%. O volume de compra en España, onde o Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto é relativamente novo, foi de 5,4 millóns de euros.

"Estas cifran amosan, de xeito claro, que cada vez máis persoas queren estar seguras de que o que consomen é socialmente responsable", explicou en rolda de prensa Pablo Cabrera, director do Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto en España, que se mostrou optimista sobre este sector no futuro. "Nunha situación de crise económica como a actual, os consumidores non só non esqueceron a importancia do Comercio Xusto, senón que apostaron máis forte polos produtos certificados".

A nivel internacional cabe destacar o crecemento do consumo dalgúns produtos de Comercio Xusto certificado. Por exemplo, as vendas do té FAIRTRADE duplicáronse, crecendo un 112%. Tamén é destacable o incremento das vendas de café, o produto de Comercio Xusto máis relevante e, á súa vez, un dos máis emblemáticos, que creceu un 14%. Os productores de algodón tamén viron como a súa demanda case se duplicaba. En 2008 vendéronse máis de 27 millóns de pezas feitas con algodón certificado de Comercio Xusto, desde camisetas e vaqueros ata toallas.

Este crecemento é moi positivo para os agricultores/as e produtores/as que, a través do sistema FAIRTRADE-Comercio Xusto, reciben moito máis que só beneficios financeiros. Para que poidan ter unha estabilidade e un plan de futuro, o Comercio Xusto, como principio, fomenta as relacións a longo prazo entre produtores/as e compradores/as. As vendas producidas en 2008 beneficiaron a máis de 1,5 millóns de produtores/as e traballadores/as en 58 países do Sur.

En España hai 31 empresas que teñen produtos propios certificados co Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto.

Información de fondo:

FAIRTRADE-Comercio Xusto é o Selo que garante ao consumidor que o produto que o leva foi elaborado e comercializado seguindo os estándares internacionais de Comercio Xusto. É dicir, que o produto cumpre uns estándares sociais e na súa elaboración coidouse o medio ambiente.
Os produtores/as que elaboran os produtos FAIRTRADE-Comercio Xusto están organizados en cooperativas ou sindicatos e fomentan, co seu labor, o desenvolvemento de toda a súa comunidade.

As empresas e entidades que compran os produtos FAIRTRADE-Comercio Xusto pagan por eles un prezo xusto, é dicir un prezo que cobre en todo momento os custes da produción e que permite aos productores vivir dignamente do seu traballo. Ademais, por cada quilo de produtos de Comercio Xusto os productores reciben unha achega adicional, a chamada prima de Comercio Xusto. Esta é destinada a proxectos sociais e de desenvolvemento da comunidade produtora e o seu uso concreto determínase democraticamente.

04/06/09 - Os consumidores de todo o mundo gastáronse o ano pasado máis de 2.800 millóns de euros en produtos certificados co Selo FAIRTRADE-Comercio Xusto. Isto representa un crecemento do 22% con respecto ao ano 2007.

 
< Ant.   Seg. >
 

Campañas

cafe
roupa
finazas
CouD

Redes

coord_est
news
selo
ifat
espazocx

Usuario/a






Esqueceches o contrasinal?
pol_ling