O Comercio Xusto 




| O Comercio Xusto |
|
|
|
|
O movemento do Comercio Xusto como resposta ao comercio capitalista transnacional é unha novidade relativamente recente (pronto se van cumprir 50 anos do seu nacemento en Europa), aínda que non é tan recente a denuncia do modelo ligado aos primeiros pasos do intercambio mercantil internacional (basta recordar as referencias de Bartolomeu de Las Casas contra o modelo de explotación do algodón por parte da coroa española xa no século XVI). O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada nunha relación directa e de respecto mutuo, na que productores e consumidores obteñen a garantía de producción baseada no respecto ós dereitos humanos e no desenvolvemento autosostible
Amarante aposta polo Comercio Xusto como unha actividade estable e permanente durante todo ano porque cando falamos de Comercio Xusto estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda senón que persegue analizar en profundidade as causas estructurais desta pobreza e máis aló asentar unha alternativa económica estable e viable ó actual marco económico chamado de “libre mercado”, pero que no fondo configurase como un mercado oligopolio controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes. Esta estabilidade é necesaria porque o Comercio Xusto é unha alternativa precisa para o cambio do modelo desigual do comercio a nivel internacional, que dicta as súas regras na OMC. Porque só dende a estabilidade pódese atender ás necesidades diarias dos pequenos productores do Sur, que lles permita planificar as súas estratexias comerciais a longo prazo rompendo a dependencia das grandes multinacionais que fixan os prezos, podendo así rachar o círculo da pobreza. Consiste en avanzar cara a un novo modelo de consumo responsable que pivote sobre tres elementos relacionados dialecticamente, polo tanto, interrelacionados:
Calquera aproximación ao Comercio Xusto obríganos a partir do modelo económico e comercial dominante acentuado nos seus aspectos negativos pola globalización neoliberal, para posteriormente referenciar tres elementos dialecticamente relacionados e en constante cambio: o movemento da solidariedade e a evolución da loita pola xustiza, a economía social ou a posibilidade da humanización do comercio e o consumo responsable como factor cívico de transformación cotiá. |
| Inicio |
| O Comercio Xusto |
| Onde atopar |
| Tenda-e |
| Amarante |