




| O acordo FLO e EROSKI para unha liña de algodon de Comercio Xusto supon un fraude |
|
|
|
|
A Asociación polo Selo de Comercio Xusto (FLO ) Segundo o seu propio comunicado conxunto onde presentaron dita liña de roupa o Selo FAIRTRADE-Comercio xusto é “un sistema internacional de certificación, que garante ás persoas consumidoras, a adquisición de produtos que cumpren criterios sociais, económicos e ambientais”. Este produto non cumpre estas garantías xa que se descoñece como foi confeccionada e en qué condicións laborais estaban as persoas que a confeccionaron, polo que non se pode considerar produción de comercio xusto. Só se pode concibir roupa de comercio xusto cando a produción, a costura, a ensamblaxe e o planchado é xusto. Non estamos mercando unha materia prima – algodón, liño,… - senón un produto transformado. Facelo doutro xeito ademais de ser unha vía de posible lavado de imaxe das empresas é publicidade enganosa e un fraude ás persoas consumidoras. De feito, e a non ser que se informe de xeito contrario, entendemos que a pesar de levar o selo de algodón orgánico de comercio xusto, os artigos con marca Cherokee atravesan o mesmo proceso industrial (incluso poden ser producidos nas mesmas fábricas) que a outra roupa proveniente de China, Paquistán ou Bangladesh que colga das perchas do grupo Eroski. Por tanto, as traballadoras que confeccionan esta roupa non son inmunes ás violacións recorrentes dos dereitos laborais na industria, que xa temos denunciado: xornadas extenuantes por un salario miserable, ameazas para crear sindicatos co fin de mellorar as súas condicións laborais, etc. Eroski, que estivo vencellado a un caso de violación de dereitos laborais nunha subcontrata que producía roupa en Bangladesh, menciona que leva varios anos promovendo o comercio xusto e o consumo responsable pero dentro da súa política de RSC non hai ningún tipo de información sobre as garantías nas condicións laborais de elaboración dos seus produtos e menos do téxtil. Polo tanto, queremos solicitar dende AMARANTE Setem á Asociación do Selo FLO: - que non se outorguen licenzas de utilización do selo de algodón de CX a empresas de roupa ou empresas de distribución si non vai acompañado dun maior nivel de esixencia que asegure o cumprimento dos estándares laborais en tódolos tramos de elaboración dás pezas, e esiximos a retirada do selo neste caso concreto. - En ningún caso deberíase dar a entender que o selo de algodón orgánico de Comercio Xusto ofrece plenas garantías de cumprimento dos estándares laborais internacionais na confección da peza. - Non é posible acreditar como xusta unha prenda de vestir senón se fai unha trazabilidade xusta non só na orixe e na venda, senón no proceso produtivo xeral. Desde AMARANTE Setem levamos tempo mantendo unha actitude crítica coa evolución do selo FLO pola imposición dunha dinámica tendente a aumentar as certificacións no canto da defensa dos dereitos das pequenas cooperativas de produtores e produtoras e do comercio xusto, como alternativa de denuncia ao modelo de comercio que impulsan as multinacionais. En canto a Eroski, aínda que predispoñendo unha acción de boa fe da grande distribuidora. e como xa se ven solicitando dende hai moito tempo ás empresas deslocalizadas por parte da Campaña Roupa Limpa en Galicia, - que tomen medidas efectivas que abrangan todas as súas liñas de toda a cadea produtiva, para combater a explotación e velar polos dereitos laborais. - Esta empresa como vendedora dun produto transformado ten que garantir: salarios dignos, as horas extras que traballan, xornadas laborais acorde a lei, descansos, maternidade e representación sindical. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| Inicio |
| O Comercio Xusto |
| Onde atopar |
| Tenda-e |
| Amarante |