Durante a celebración das Xornadas sobre Dereitos Humanos Laborais, coorganizada entre AMARANTE Setem e a Universidade de Santiago de compostela presentouse a Campaña ASIAN FLOOR WAGE (salarios dignos en Asia ) AFW.
Tratase dunha alianza internacional para conseguir que empresas e países e organismos internacionais consigan aprobar ou acordar un salario mínimo vital común para todos os países de Asia que teñen produción téxtil e que non exista unha competencia á baixa a través dos custes laborais ou sexa que os salarios baixos non sexan unha arma de atración para que as empresas producan nun país ou outro.
Obxectivo concreto: frear a competencia á baixa ó cal están sometidas as condicións laborais das traballadoras.
Dirixida: empresas transnacionais e governos.
Resumo: Asia concentra o 60% da produción mndial de roupa e emprega ao redor de cen millóns de traballadores en Asia, moitos dos cales son mulleres. A pesar do papel central que desempeñan nesta industria, os e as traballadoras gañan ao redor da mita do que necesitarían para satisfacer as necesidades das súas familias.
Os sindicatos e as activistas dos dereitos laborais en Asia traballaron unha estratexia para abordar esta situación. A campaña AFW foi desenvolvéndose progresivamente desde 2005 e foi crecendo ata converterse nunha alianza internacional de apoio ás loitas dos traballadores actualmente. Hoxe en día a AFW, está formada por 70 organizacións de dereitos laborais e humanos, sindicatos, ONGs e académicos en 17 países de Asia, Europa e Norteamérica.
Que é o salario mínimo vital en Asia? A importancia de fixar un salario digno radica en que se concreta a idea de que o traballo dun debe permitir vivir dignamente. Referencias: Declaración de Filadelfia, 1944. Determinación de obxectivos da OIT que reclamaba políticas que permitisen alcanzar un salario mínimo. No contexto da globalización, o chamamento foi renovado en 2008 coa Declaración de xustiza social para unha globalización xusta (Declaration on Social Justice for a Fair Globalisation). O salario mínimo vital en Asia é a concreción dun “salario digno mínimo”
O “salario mínimo vital en Asia” define e permite alcanzar un salario que permite levar unha vida digna e proporciona unha base aos traballadores de moitos países asiáticos para unirse e reclamar mellores condicións de traballo e unha remuneración xusta polo seu traballo.
Así atopámonos como o salario medio en Asia é de 2 dólares por un día de traballo para unha xornada de 8 horas, cousa que nunca se cumpre e suelen estar en 12 horas e tempadas altas de traballo 14 horas. Unha obreira bengalí por exemplo tería que cobrar si se compara coa capacidade de compra dunha obreira occidental sería ó redor de 8 dolares/día. Está cobrando un dólar.
Como se calcula? Baséase nos ingresos que debería percibir un/a traballador/a para cubrir os gastos da súa familia (definida como 2 adultos e 2 nenos) tendo en conta que a xornada de traballo é de 48h. O concepto divídese entre “gastos alimenticios” e “gastos non alimenticios”, cada un supón o 50% do salario total.
Os “gastos alimenticios” calcúlanse sobre a base dunhas necesidades nutritivas de 3000 calorías por día e adulto. Os “gastos non alimenticios” incluirían: saúde, casa, vestimenta, coidados de nenos, transporte, gasolina, educación e son calculados como un factor dos gastos alimenticios. Este método de cálculo permite solucionar o problema de definir o que é a cesta de alimentos nos distintos países de Asia e asegurarse de que se define unha demanda común para a rexión.
Os “custos alimenticios” é a referencia principal do “salario mínimo vital en Asia” porque o custo alimenticio alto é un indicador do nivel de pobreza (canto máis pobre é un país o peso do custo alimenticio dos seus habitantes en comparación cos ingresos totais que é maior), que é a situación na que viven a gran maioría dos e as traballadoras da confección.
O salario mínimo vital en Asia tamén pretende ser unha estratexia de negociación colectiva industrial para as cadeas de produción de roupa globais e evitaría que as empresas deslocalicen a produción en Asia saltando dun país a outro en procura dos custos laborais máis baixos. Cando os sindicatos reclaman incrementos salariais a nivel nacional, ameázaselles con trasladar a produción a outro país e consecuentemente perder os seus empregos.
O “salario mínimo vital en Asia” fixouse en 475 dólares internacionais (utilizando a paridade de poder de compra do Banco Mundial).
Lanzamento da Campaña AFW a nivel internacional? Lanzouse o 7 de outubro. Prevense actividades en India, Bangladesh, Sri Lanka, Tailandia, Indonesia, China e Hong Kong.
O IMPACTO SI ESTE SE CONSIGUE
O coste laboral en toda a produción sería como máximo dun 3% do prezo das pezas de roupa que se venden na Europa.
DOBRAR OS SALARIOS SIGNIFICARÍA POR EXEMPLO QUE UNHA CAMISETA DE 20 EUROS PASARA A COSTAR 0,60 CTS ADICIONAIS= 20,60 CTS.
Nembargantes, a loita está en que isto non suceda porque ó respecto ós dereitos básicos das traballadoras a cobrar un salario digno polas longas e duras horas de traballo non debe repercutir nos pvp que pagan as persoas consumidoras.
A pesar da crise empresas como Inditex e Carrefour continúan aumentando os seus beneficios.
OBXECTIVOS DA CAMPAÑA EN GALICIA
- Demandar as empresas do sector do téxtil que se sumen á campaña e poñan medios para que o salario minimo vital se cumpra en Asia, principalmente as marcas que teñen produción neses países: Inditex, Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Purificación García, etc;
- Informar á Confederación de empresarios e outros organismos do sector desta iniciativa e que informe ós seus asociados;
- As institucións públicas;
- Ás persoas consumidoras para que apoien dita campaña .
|