Os productos de comercio xusto son de alta calidade e contan con un prezo moi competitivo respecto aos convencionais da mesma categoría. Non confundir valor e prezo.
You are here:Inicio
A presión obliga a Lidl a retirar publicidade enganosa
A cadea de desconto Lidl, a partires da denuncia interposta por organizacións sociais, retirou recentemente en Alemaña unha publicidade enganosa na que afirmaba que os produtos de téxtil de venta en Lidl, procedentes de Bangladesh, respectaban o dereito das traballadoras. A denuncia por publicidade enganosa foi presentada o pasado 6 de abril pola organización Verbraucherzentrale (Organización de Consumidores de Hamburgo) contra Lidl. A transnacional formalmente aceptou non voltar a proclamar ós catro ventos condicións de traballo xustas na súa publicidade.
Apoiada pola campaña de roupa limpa de Alemaña (CRL Alemaña) e o Centro Europeo para os Dereitos Humanos e Constitucionais (ECCHR). Ámbalas organizacións achegaron probas concluíntes que demostraban que nas fábricas téxtiles de Bangladesh, provedoras de Lidl as traballadoras sufriron graves violacións dos seus dereitos laborais, incluídas horas extraordinarias excesivas cunha compensación escasa e pouco transparente, deducións nas nóminas como castigo, prohibicións de sindicatos, e discriminacións por razón de xénero. Estas condicións de traballo violan as Convencións da Organización Internacional do Traballo, o código de conduta do BSCI e as obrigacións en materia de responsabilidade social auto-impostas por Lidl.
Despois de negarse durante un tempo a cambiar as súas afirmacións, Lidl terá agora que corrixir a súa publicidade, e, ademais, non poderá empregar a súa pertenza á iniciativa corporativa Business Social Compliance Initiative (BSCI) na súa publicidade. O BSCI é unha iniciativa europea en materia de Responsabilidade Social nas cadeas de subministro globais que cada vez gaña máis participación entre as transnacionais europeas, proclama que o seu obxectivo é que as empresas provedoras cumpran cos estándares sociais e ambientais, sendo unilateral, marxina o papel de sindicatos e ongs, con normas que non son obrigatorias para os seus membros nin para os seus provedores.