




| O selo FLO revisa a alza dos precios do CACAO e AZUCRE pagados aos productores |
|
|
|
|
A primeira consecuencia directa foi a incapacidade dos productores de facer fonte a gran demanda, nunha coiuntura ademáis de prezos dos combustibles moi altos e inestabilidade monetaria nos paises de orixe. Ante este feito, aqueles productores de cacao e azucre de comercio xusto viron revisado a alza o precio de ambas materias primas por parte do selo FLO (Comercio Xusto) co obxectivo de garantir a estabilidade e solvencia das explotacións. O consumidor habitual de chocolate de comercio xusto notará o incremento de prezo ao longo dos vindeiros meses. Para máis detalles sobre a situación do Azucre, Cacao e Avelás certificadas FLO siga lendo. No caso do azucre a situación xeral de aumento da demanda por parte das economias emerxentes como Cina e a India sobrepasa o suministro actual facendo que os precios aumenten. No caso do azucre filipino certificado co selo FLO (Comercio Xusto) utilizado para os chocolates da marca "Mascao" estudiouse e revisouse a alza o precio previo fixado debido principalmente a tres factores, que impedian aos productores cubrir os custes de producción: 1.- A suba no custe da enerxía 2.- A devaluación da moeda local. 3.- Os custes da certificación. Outro caso semellante ao do azucre é o do do cacao, xa que o incremento da demanda de este producto no seu formato de alta calidade e un maior consumo de productos con alto porcentaxe de cacao fixo que os prezos aumentasen tamén. Ademáis, o certificado FLO do cacao orgánico fixou un precio para o 2008 de casi o dobre. Este último é sobre todo, o motivo polo que o cacao de comercio xusto certificado incrementaro o seu precio un 28%. No caso das avelás as razóns son distintas: a colleita de este ano foi bastante mala e para cubrir as perdas o prezo debe ser revisado a alza ate un 30%.
A tendencia a alza dos precios é xeralizada no
mundo, principalmente debido a que paises como China, India ou Brasil
teñen agora unha gran demanda, que afecta tamén ao precio de productos
básicos no norte como é o caso do leite, que viu incrementado o su
valor no último ano nun 20%.
|
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| Inicio |
| O Comercio Xusto |
| Onde atopar |
| Tenda-e |
| Amarante |