O consumo non é neutral! As compras públicas tampouco o son! O consumo e contratación de bens e servicios por parte dos órganos públicos son un acto político máis.
Non podemos falar de políticas sociais se non fomentamos a concesión de obras e xestión de servicios públicos a empresas de economía social ou de inserción. Non podemos falar de políticas ambientais se non contratamos servicios e bens que respecten: tanto na súa produción como cando se converten en residuos, ao medio ambiente.
Por todo isto, a federación Setem, a que pertence Amarante presentou unha web adicada especificamente a Compra Pública Responsable que ten como obxectivo principal axudar as administracións públicas a mercar con criterio.
A web é www.comprapublicaresponsable.org
A guía de Compra Pública Responsable de Téxtil podes descargala “ AQUÍ 609.24 Kb”.
|
|
Ler máis...
|
|
Adolfo Domínguez recoñece que solo o 40% das súas fábricas provedoras ten un sindicato que represente ós traballadores
A Campaña Roupa Limpa esixe pasos concretos e estará vixiante ante o plan de reaxuste da política de compras de Adolfo Domínguez para que isto non repercuta nos dereitos das traballadoras
A Campaña Roupa Limpa interviu o pasado xoves na Xunta de Accionistas de Adolfo Domínguez para mostrar a súa gran preocupación ante a escalada da vulneración dos dereitos laborais no sector do téxtil nesta época de crise internacional.
Na nosa intervención demandamos accións concretas para asegurar a negociación colectiva e o dereito sindical como forma de garantir unha mellora e non vulneración dos dereitos laborais nas fábricas provedoras da empresa galega en países como China e India onde ten case a totalidade da súa produción.
|
|
Ler máis...
|
|
 AMARANTE Setem presenta unha guía sobre compra pública responsable de roupa de traballo e produtos téxtiles, unha ferramenta indispensable para as administracións públicas e, especialmente, para as persoas responsables da contratación, o asesoramento xurídico e a intervención, que facilitará a introdución de criterios sociais e éticos nos contratos de subministración de roupa das administracións públicas galegas. Impúlsase, dese xeito, a responsabilidade social coorporativa das empresas e se contribúe á loita contra as desigualdades e a exclusión social.
|
|
Ler máis...
|
|
O 98 por cento dos españois considera que as empresas deberían producir os seus produtos baixo condicións éticas, sociais e respectando o medio ambiente, segundo subliña un estudo presentado no pasado mes de xuño.
O informe, que contou coas respostas de 3.000 consumidores españois, sostén que o 63 por cento da poboación comprou produtos de comercio xusto, aínda que só o 7 por cento dos encuestados o fai de forma habitual.
|
|
Ler máis...
|
|
 Desde que creou a empresa en 1950, Pierre Cardin foi considerado como un dos grandes no mundo da moda e a alta costura. A súa marca é unha das máis coñecidas e exitosas internacionalmente. Cunha facturación que supera os 2.000 millóns de dólares e 200.000 persoas traballando directa ou indirectamente para a empresa, o éxito comercial da firma está demostrado. Pero ¿pode presumir de ter a mesma traxectoria en cuestións de respecto dos dereitos laborais? En 1960 foi o primeiro en implantar un sistema de licenzas para unha marca. Hoxe en día, a empresa xestiona ao redor de 900 licenzas en máis 140 países das cales recibe millóns de euros en royalties todos os anos.
Está o Sr. Cardin en condicións de garantir que os produtos producidos baixo licenza Pierre Cardin prodúcense en condicións de traballo dignas?
Infórmate en ler máis...
|
|
Ler máis...
|
|
Despois de moito esforzo e traballo podemos por fin invitarvos a participar da asemblea constituínte da futura Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca.
Lugar: Centro Cívico de Monte Alto (A Coruña)
Hora: 11 da mañá
Día: Sábado 27 de xuño
Para máis información dirixídevos ao noso correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
Estamos en crise? O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo
Estamos en crise? Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.
Estamos en crise? Os gobernos, cómplices durante décadas do desenvolvismo salvaxe, bótanse as mans á cabeza e declaran que chegou o momento de que a bolsa salvadora do Estado pague as facturas dos especuladores.
Son eles os que están en crise, pero nós os que a sufrimos. E pretenden que, unha vez máis, as cidadáns lles saquemos as castañas do lume.
É tempo de mudanzas. Cando o Estado se afunde, cobran forza unha vez máis os sistemas económicos éticos: propostas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dous recursos, a solidariedade e o ben común.
As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario (Vigo, rúa Numancia, 3), invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión e moedas alternativas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 14 - 26 de 88 |