Comercio Xusto

A xestión dentro das cooperativas que interveñen na comercialización e producción funciona baixo criterios democráticos, que se extenden a conceptos extra laborais.
You are here: Inicio
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
O consumo responsable funciona fronte ao cambio climático
 
sgcx_2009_-_compostela_panormica.jpg
Durante 3 días, preto de 100 alumnas e alumnos da universidade de Santiago de Compostela, xunto con persoas interesada polo consumo responsable e o cambio climático debateron e reflexionaron, compartiron opinións e intercambiaron propostas de cara a enviar unha mensaxe clara a cidadanía e a comunidade universitaria:

"O cambio climático é un problema global que afecta especialmente aos países do sur, cos cales temos unha enorme débeda ecolóxica. O consumo responsable ten un gran potencial a hora de loitar contra o cambio climático e para  evitar o colapso ambiental cara a que imos [...] Somos conscientes de que é preciso un cambio de rumbo, un xiro “copernicano” e que debemos avanzar nel facendo que cada persoa poida participar de forma individual e colectivamente coas súas accións diarias. Baixo unha filosofía: pensar globalmente e actuar localmente."

Estas reflexións quedaron recollidas nunha CARTA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA que di así...

Ler máis...
 
Xira galega da coordinadora en África de Vía Campesina
cartaz_sgcx_xira_mariam_-_pequeno.jpgNo marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, xunto co Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizan unha xira por galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordinación Nacional de Organizacións Campesinas de Mali- e coordinadora en África do movemento Vía Campesina).

Baixo o título "Consumo responsable e Cambio climático", Mariam Sissoko desgranará o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está facer a prol da loita pola soberanía alimentaria no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao modelo de produción e consumo capitalista devorador de recursos e que ten as distintas crises (alimentaria, ecolóxica e financieira) como impronta no século XXI.
 
Mariam Sissoko dará conferencias nas principales vilas galegas entre o 21 e o 24 de abril de 2009.
Martes 21 de abril
Maña. Charla na sede do Sindicato Labrego Galego en Betanzos (Horario por definir)
Tarde. 20,00h. Charla en Pontevedra – Galería Sargadelos

Mércores 22 de abril
Mañá. 11.30h. Charla no Salón de Actos do IES Ribeiro en Ribadavia
Tarde. 20,30h. Charla en Vigo – Local de A Cova dos Ratos

Xoves 23 de abril
Tarde. Charla en Mondoñedo, na sede do Sindicato Labrego Galego (Horario por definir)
Tarde. 20,30h. Charla en Ribadeo – Casa das Letras

Venres 24 de abril
Mañá. 12.45h. Charla en Compostela - Facultade de Matemáticas, Campus sur.
 
ENTREVISTA: "Si, o comercio xusto é fundamental en tempos de crise"

mas_cafe_mexico.jpgDurante a súa estancia en Barcelona, con motivo da Feira Hostelco, tomamos un café con Délmar López (Xerente da cooperativa mexicana Más Café) mentres charlamos sobre a situación do Comercio Xusto dentro do momento actual de crise e a presenza de organizacións de pequenos produtores en feiras como Hostelco.

Accede a entrevista completa.

Ler máis...
 
Señores do G20, as persoas primeiro !!
manifestiacin_g20_london.jpgO panorama da agricultura ao final da era neoliberal é o seguinte: centos de millóns de toneladas de alimentos levados dun continente a outro, campesiños abandonando as súas terras ou obrigados a usar técnicas de produción intensivas (en enerxía) en contraposición ás prácticas agrícolas axeitadas ás condicións locais. A solución radica na soberanía alimentaria: o dereito dos pobos a definir as súas propias políticas agrícolas, de protexerse das importacións baratas sen prexudicar o desenvolvemento agrícola noutras rexións. Iso permitiranos facer o que debemos e queremos facer: producir bens e alimentos saudables para as persoas primeiro, e non para a agroindustria.
 
Resumo da intervención de Joop de Koeijer, membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea Vía Campesiña, no panel do clima durante a mobilización Put People First do 28 de marzo en Londres, no marco da reunión do G20.
Ler máis...
 
O consumo responsable como alternativa fronte a crise climática
cartel_seminario_consumo_resp._e_cambio_climtico_def-pequeno.jpgAmarante, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela desenvolve entre o 24 e o 26 de abril o seminario titulado CONSUMO RESPONSABLE E CAMBIO CLIMÁTICO no que contaremos en Galicia coa presencia de membros de Greenpeace, Veterinarios sen Fronteiras, Ecologistas en Acción, Universidade Rural Paulo Freire, Centro de Investigación sobre Consumo (CRIC-Revista Opcións) ou Via Campesina que analizarán a problemática do cambio climático e trazarán as liñas estratéxicas para sair das múltiples crises no que está inmerso o modelo de produción e consumo capitalistas. Estratexias que pasan, sen dúbida, polo consumo responsable transformador.
 
Así, denunciar a relación entre o modelo económico homicida e suicida e a crise ecolóxica, adaptar as alternativos en marcha aos impactos do modelo dominante no sur e no norte e situar o consumo responsable no centro das alternativas cara a sustentabilidade son obxectivos específicos do presente seminario. Fomentando e propiciando a posta en práctica de medidas a escala individual e colectiva que permitan evitar o infarto ecolóxico en xeral e loitar contra os efectos do cambio climático en particular.
 
Ler máis...
 
Agoecoloxía no centro do debate fronte a crise

cartaz_agroecologia_2009.jpgAs III Xornadas de Agroecoloxía de Ourense xorden nun momento histórico marcado pola actual crise económica da clase media e alta a escala planetaria. Estas III Xornadas de Agroecoloxía toman o relevo das dúas anteriores, e traladan os conflictos mundiais ao ámbito local para visibilizar proxectos e alternativas reais que conducen a un mundo máis xusto, máis humano.

Queremos insistir na agroecoloxía como unha ferramenta con un enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actuar de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles á calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.

pdf Cartaz e Programa das Xornadas

Web das Xornadas

Ler máis...
 
Sabes onde vai o teu diñeiro cando tomas unha cunca de café?
pide_caf_xusto_-_postal_galego.jpg"Pide Café Xusto" é unha campaña de sensibilización que empezou o pasado mes de novembro e que rematará o 31 de marzo, co fin de dar a coñecer entre o alumnado e o persoal docente da universidade o mundo do comercio xusto e as implicacións das nosas eleccións de consumo, segue activa en Catalunya, Comunidade Valenciana, Euskadi, Galicia, Madrid e Nafarroa.

Tes ainda 15 días para asinar e "PEDIR CAFÉ DE COMERCIO XUSTO A TÚA UNIVERSIDADE".

Entra en www.pidecafexusto.org
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 27 - 39 de 88
 

Campañas

cafe
roupa
finazas
CouD

Redes

coord_est
news
selo
ifat
espazocx

Usuario/a






Esqueceches o contrasinal?
pol_ling