Comercio Xusto

Un mercado que non hipoteque a calidade de vida nin os recursos naturais das xeracións futuras, que sexa garantía dun desenvolvemento sustentable.
You are here: Inicio
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Novo Modelo Estratéxico de FLO International
flo-logo.jpgO pasado día 5 de decembro, a Asemblea Xeral de FLO International (selo de Comercio Xusto) aprobou o novo Modelo Estratéxico que foi elaborado polos membros desta asociación durante os dous últimos anos.

Con esta nova estratexia agárdase que o selo de Comercio Xusto gañe en eficacia e transparencia a favor do desenvolvemento e o empoderamento dos pequenos produtores.
Ler máis...
 
O número gañador da cesta de Nadal é...!!
Xa temos gañador ou gañadora da cesta de Nadal de Amarante en Compostela.
É o número 81. PARABENS !!
Pasa a recoller o premio polo local de Amarante en Compostela (Rúa Romero Donallo 19)
 
Menos para vivir mellor: "decrecer" con criterios de equidade

decrecimiento.gifO crecemento económico, baseado nun uso crecente de recursos e nunha inxente xeración de residuos continúa sendo un problema nun mundo finito e non un indicador de progreso. Logo dalgunhas décadas de derroche frenético, os efectos son palpables para todo o mundo.

Polo tanto, decrecer no gasto global de enerxía e materiais, así como na xeración de residuos non é simplemente unha opción, é unha necesidade que impón un planeta con recursos limitados. Obviamente, quen pode decrecer é quen gasta de forma maioritaria os recursos e xera os residuos, é dicir, os países máis enriquecidos.

Ler máis...
 
A alternativa rural
campesina_quechua.jpgIgual que os arrecifes coralinos no mar son os produtores de nutrientes e ofrecen un fogar a moitos organismos mariños que son a base dunha longa cadea alimentaria, as familias campesiñas continúan sendo na actualidade a base da produción de alimentos para a nosa sociedade e reivindican o seu dereito a seguir séndoo.
 
En calquera lugar do mundo, desde o máis fértil ata o máis inhóspito, vive un dos máis de 200 millóns de pequenos campesiños e campesiñas que integran a organización mundial Vía Campesiña.
 
Por Gustavo Duch - Director de Veterinarios sin Fronteras
Ler máis...
 
Unha morea de actividades para non esquecer o consumo responsable no Nadal

arbol_navidad.gifNo marco da Campaña de Nadal de AMARANTE, desenvólvense en Galicia durante estas festas unha chea de actividades baixo o lema: "CONSUMO RESPONSABLE TODO O ANO, CONSUME O XUSTO TAMÉN NO NADAL".

DECEMBRO
Luns 22
Degustación pola mañá en Compostela e Pontevedra
Martes 23
Degustación durante todo o día en Vigo e a partires das 18h en Ourense
Proxección de "Golpeados, pero no vencidos". As 20.30h en Ourense
Venres 26
Degustación durante todo o día en Vigo
Luns 29
Degustación pola mañá en Compostela e Pontevedra
Martes 30
Degustación durante todo o día en Vigo e a partires das 18h en Ourense
Proxección dunha "Sesión de Curtametraxes". As 20.30h simultaneamente en Vigo e Ourense

XANEIRO
Venres 2
Degustación durante todo o día en Vigo
Luns 5
Degustación pola mañá en Compostela e Pontevedra
Sábado 10
Contacontos con Ledicia Costas as 11.30h en Pontevedra

 
Nova experiencia de horta urbana da man dun colectivo vigués
experiencias_hortas_urbanas.jpg"A Tira" e un colectivo creado en xullo 2008 na cidade de Vigo.
O seu obxectivo principal é a da autoproducción agroecolóxica. Para elo, contan desde hai uns meses con unha leira cedida no barrio vigués de Candeán que cultivan de forma autoorganizada.

Esta, supón a primeira das actividades político-sociais que organizan desde A Tira a que queren convidar a xente asociada a agroecoloxía e interesada na soberanía alimentaria desde o norte a coñecer experiencias de outras organizacións do estado. 
 
Consume o Xusto tamén en Nadal, 10 consellos para sobrevivir a crise e vivir mellor
cartaz_campaa_de_nadal.jpgSo o 1% de todo o que mercamos habitualmente, permanece nas nosas casas pasados 6 meses. Non ten sentido polo tanto seguir alimentando necesidades artificiais, é preciso buscar maneiras de vivir mellor con menos.

Ante esta realidade AMARANTE deseñou este ano unha campaña de Nadal que se desmarca da mensaxe tradicional dirixida a comercialización e que pretende, por unha banda sensibilizar nun consumo responsable e respectuoso coas persoas e co medio ambiente e por outra banda facer fincafé na denuncia dun modelo económico cimentado sobre o consumismo e a explotación dos recursos naturais do sur, que profundiza na pobreza e na crise alimentaria dos pobos do mundo.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 40 - 52 de 88
 

Campañas

cafe
roupa
finazas
CouD

Redes

coord_est
news
selo
ifat
espazocx

Usuario/a






Esqueceches o contrasinal?
pol_ling